Mostrando entradas con la etiqueta INTERES. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta INTERES. Mostrar todas las entradas
martes, 22 de febrero de 2011
FESTA DE ENTROIDO 2.011
Por razóns organizativas para participar nesta actividade, é imprescindible que cumprimentedes a FICHA DE INSCRICIÓN e a entreguedes na conserxería do centro antes do Mércores 2 de Marzo, podedes descargala pinchando aquí
miércoles, 16 de febrero de 2011
A PÍA DA CASCA
Dende hai uns anos as nais e os pais do CEIP “As Mercedes” escolleron como nome da súa asociación o de Pía da Casca o cal fai referencia histórica á grande pía que existía xusto diante do Colexio, no lugar que hoxe se coñece como praza de As Mercedes
O Campo da Pía da Casca, que era como sempre se chamou, estaba situado á beira da antiga muralla de Ourense e accedíase pola porta da Corredeira situada na actual rúa Santo Domingo máis ou menos á altura onde hoxe se atopa o edificio de Facenda. Pero o acceso máis curto dendo o centro da cidade era vindo dende o Tendal da Figueira e saindo pola denominada Porta da Pía da Casca situada ao final do que é hoxe a rúa do Paxaro.
A Pía, unha vez chea de auga, servía para botar nela a casca principalmente de castiñeiro para que desprendese a substancia chamada tanino. Neste curtido vexetal sumerxíase o coiro conseguindo unha textura suave e de cor marrón debido á tinta do castiñeiro. Este proceso duraba de 7 a 40 días dependendo da espesura do coiro
Quedaba así o tecido preparado para que os gremios de artesáns: zapateiros, encadernadores e albardeiros entre outros proseguisen o seu traballo, algúns deles na Fonte dos Coiros, hoxe Praza de San Marcial e outros na rúa da Paz.
Durante a Idade Media o curtido de peles estaba considerada unha industria nociva e era relegada ás aforas das cidades, por iso a Pía da Casca estaba situada fóra da muralla debido aos cheiros que producía.
É de agradecer a recuperación deste nome vixente e oficial durante séculos, que foi modificado radicalmente no ano 1850 por un concelleiro de orixe foránea a quen a nomenclatura da toponimia en galego resultáballe ridícula e contraria ao gusto e adiantos da época.
Carlos Domínguez.
martes, 21 de diciembre de 2010
CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA
Artículo 27.
1. Todos tienen el derecho a la educación. Se reconoce la libertad de enseñanza.
2. La educación tendrá por objeto el pleno desarrollo de la personalidad humana en el respeto a los principios democráticos de convivencia y a los derechos y libertades fundamentales.
3. Los poderes públicos garantizan el derecho que asiste a los padres para que sus hijos reciban la formación religiosa y moral que esté de acuerdo con sus propias convicciones.
4. La enseñanza básica es obligatoria y gratuita.
5. Los poderes públicos garantizan el derecho de todos a la educación, mediante una programación general de la enseñanza, con participación efectiva de todos los sectores afectados y la creación de centros docentes.
6. Se reconoce a las personas físicas y jurídicas la libertad de creación de centros docentes, dentro del respeto a los principios constitucionales.
7. Los profesores, los padres y, en su caso, los alumnos intervendrán en el control y gestión de todos los centros sostenidos por la Administración con fondos públicos, en los términos que la ley establezca.
8. Los poderes públicos inspeccionarán y homologarán el sistema educativo para garantizar el cumplimiento de las leyes.
9. Los poderes públicos ayudarán a los centros docentes que reúnan los requisitos que la ley establezca.
10. Se reconoce la autonomía de las Universidades, en los términos que la ley establezca.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
