A Consellería de Educación e Ordenación universitaria fixa o Calendario escolar para o curso 2011/2012 na Orde do 24 de maio de 2011 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2011/2012 nos centros docentes sostidos con fondos públicos.
Calendario escolar 2011/2012 (pdf )
No 2.º ciclo de educación infantil, na educación especial e na educación primaria, as
actividades lectivas realizaranse
Inicio das clases: día 12 de setembro de 2011
Final das clases: 22 de xuño de 2012
(ambas datas incluidas)
Periodos de vacacións:
Nadal: desde o día 22 de decembro de 2011 ata o día 8 de xaneiro de 2012, ambos os dous inclusive.
Semana Santa: desde o día 2 ao 9 de abril de 2012, ambos os dous inclusive.
Entroido: días 20, 21 e 22 de febreiro de 2012.
domingo, 7 de agosto de 2011
Libros de texto Curso 2011/2012
Relación dos libros de texto para o curso escolar 2011-2012 para os diferentes niveis do noso centro, (dispoñible en breve, tamén podedes consultar a páxina web do centro)
Libros de texto curso escolar 2011/2012 (pdf)
domingo, 10 de julio de 2011
LA REVOLUCION EDUCATIVA
¿Es hoy más difícil la convivencia en las aulas? ¿Están bien preparados los maestros para acompañar al niño hasta su adolescencia con una educación que englobe emociones e inteligencia social? Las necesidades de un adulto para vivir en sociedad no son las mismas que hace 50 años, ni lo son tampoco las condiciones de vida de los adolescentes, ni las tecnologías que rodean a todos. Sin embargo, los programas educativos han cambiado muy poco en el último siglo.
El psicólogo Robert Roeser nos ayuda a redefinir el papel de profesores y maestros, y a buscar en la ciencia algunas propuestas para mejorar la educación de los futuros ciudadanos.
En el minuto 11:20, se trata la atención y concentración-
En el minuto 20:55. Repetir funciona, aprendizaje por memorización.
OS SECRETOS DA CREATIVIDADE
"La creatividad se aprende igual que se aprende a leer."
Ken Robinson
"Todos poseemos un talento, todos tenemos la capacidad de ser creativos; y la mayoría vivimos sin saberlo, convencidos muchas veces de que el creativo es aquel que sabe componer melodías, o escribir una poesía"
sábado, 9 de julio de 2011
O LIBRO PRETO DAS CORES
Percibimos o mundo por medio de imáxenes visuais con todos os seus matices cromáticos, resúltanos difícil comprender cómo se pode vivir sen ver. Para intentar comprendelo, Menena Cottin, autora do libro "El libro negro de los colores", imaxina a amizade entre dous nenos, un deles, Tomás, é cego. O seu amigo vainos contar cómo Tomás é capaz de oler, tocar, ouvír e saborear as coress, mentras él só os ve.
Etiquetas:
TOLERANCIA E RESPETO Á DIVERSIDADE
martes, 5 de julio de 2011
ACTAS ASAMBLEAS ANPA PÍA DA CASCA, CURSO 2010-2011
Podedes consultar as actas das asambleas da ANPA Pía da Casca celebradas no curso 2010-2011 nos seguintes enlaces, tamén na pestana da páxina NÓS
Acta asamblea xeral ordinaria: 29-10-2010
Acta asamblea xeral ordinaria: 20-05- 2011
Acta asamblea xeral extraordinaria: 14-06-2011
Acta asamblea xeral ordinaria: 29-10-2010
Acta asamblea xeral ordinaria: 20-05- 2011
Acta asamblea xeral extraordinaria: 14-06-2011
miércoles, 15 de junio de 2011
VENRESPIRIÑO: OBRADOIRO DE INICIACIÓN Ó BAILE TRADICIONAL E XOGOS BAILADOS
O VENRESPIRIÑO é gratuíto e aberto a todas as persoas que queira participar, así que xa sabes: Ven co teu fillo, ca túa alumna, co teu sobriño ou coa túa afillada ou veciña e respira tradición, música, canto, danza, xogo.... todo no VENRESPIRIÑO.
LUÍS PREGO, será o dinamizador da actividade, especialista avalado por moitos anos de experiencia como profesor de danza tradicional e por publicacións ao respecto como por exemplo o libro “Para cantar de bailar” de edicións do Cumio 2008 que recolle 23 xogos cantados e bailados cun DVD para poder reproducilos.
Esta actividade está organizada polas asociacións culturais Gomes Mouro e Algaravía , que asi mesmo organizan os VENRESPIRAR: festas tradicionais itinerantes con música tradicional ao vivo nas que o público participa de xeito moi activo bailando. Tras 8 anos de programación nesta edición abrímonos á participación da xente pequena organizando por primeira vez o VENRESPIRIÑO.
miércoles, 18 de mayo de 2011
CONVOCATORIA ASAMBLEA ORDINARIA DA ANPA PIA DA CASCA
O venres 20 de Maio na aula de música do CEIP As Mercedes ás 16:00 celebraremos a segunda asamblea ordinaria do curso 2010-2011 coa seguinte orde do día:
- Renovación dos membros da ANPA (Fixar data da asamblea extraordinaria)
- Ratificación do ANPA actual no Rexistro de Asociacions
- Actividades realizadas durante o curso
- Rogos e Preguntas
Desde a xunta directiva da ANPA animamosvos a asistir, a colaboración e as aportacións das nais e pais son imprescindibles para que a ANPA medre en proxectos.
Queremos aproveitar para recordarvos que a actual ANPA cumple o seu ciclo, e que nesta asamblea fixaremos a data da próxima asamblea extraordinaria para a renovación de cargos da Xunta directiva da ANPA.
Como xa sabedes é necesario que cando menos un grupo de pais e nais ou tutores legais do alumnado matriculado no centro se anime para asumir os cargos da xunta directiva.
![]() |
| "A educación dos nosos/as fillos/as interésanos" |
A ANPA esta formada pola xunta directiva e polos/as socios/as, somos un grupo de pais e nais, que dentro das nosas posibilidades e desinteresadamente, queremos participar de forma activa na educación dos nosos fillos/as coa ilusión de traballar na defensa e mellora da calidade do ensino público.
Lembrarvos que da existencia e continuidade da ANPA dependen algúns servizos básicos e actividades do cole, tales como: servizo de comedor, acollida temperá, servizo de ludoteca, xestión das actividades extraescolares, ...., ademais a ANPA colabora no festival de Nadal e Fin de curso, na organización de actividades de ocio e culturais (Meu cole abre en semana santa, festival de teatro na escola "Teatrola", excursións,..), aporta iniciativas ao cole e transmite as iquietudes dos pais e nais ó equipo directivo do centro e sirve de vínculo entre os pais e os seus representantes no Consello escolar coa intención de trasladar aquelas cuestións relevantes que xurdan ao longo do curso
Extracto da asamblea
Extracto da asamblea
viernes, 13 de mayo de 2011
II FESTIVAL DE TEATRO NA ESCOLA: "TEATROLA"
É para nós un motivo de orgullo e comprácenos gratamente organizar novamente o II Festival de teatro na escola, "TEATROLA".
Esta iniciativa pretende achegar á comunidade educativa á experiencia teatral, abarca o "tearo para nenas/os", tanto o teatro feito por adultos para público infantil, como o "teatro dos/as nenos/as" feito por eles e para eles.
O TEATROLA vai decorrer na 2ª quincena do mes de Maio, durante dúas semanas os/as noso/as fillos/as sen sair da escola e de forma gratuita poderán gozar de diversas representacións teatrais, contacontos e Obradoiros vinculados co teatro: Obradoiro de "Sombras chinesas" e Obradoiro de "Improvisación teatral".
Organizan:ANPA Pía da casca, Galicia Gutiérrez (Coordinadora dos grupos de teatro da escola.
Colaboran: CEIP As Mercedes, Residencia Xuvenil Florentino Cuevillas
Pincha no seguinte enlace para consultar a PROGRAMACION DO TEATROLA
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





