miércoles, 15 de junio de 2011

VENRESPIRIÑO: OBRADOIRO DE INICIACIÓN Ó BAILE TRADICIONAL E XOGOS BAILADOS

 O VENRESPIRIÑO: obradoiro infantil de iniciación o baile tradicional, xogos bailados e danzas de roda, celebrarase o vindeiro  Venres 17 de xuño a partir das 20:30 h na Praza de San Martiño (fronte ás escaleiras da Catedral). 

O VENRESPIRIÑO é gratuíto e aberto a todas as persoas que queira participar, así que xa sabes: Ven co teu fillo, ca túa alumna, co teu sobriño ou coa túa afillada ou veciña e respira tradición, música, canto, danza, xogo.... todo no VENRESPIRIÑO. 


LUÍS PREGO, será o dinamizador da actividade, especialista avalado por moitos anos de experiencia como profesor de danza tradicional e por publicacións ao respecto como por exemplo o libro “Para cantar de bailar” de edicións do Cumio 2008 que recolle 23 xogos cantados e bailados cun DVD para poder reproducilos. 



Esta actividade está organizada polas asociacións culturais Gomes Mouro e Algaravía , que asi mesmo organizan os VENRESPIRAR: festas tradicionais itinerantes con música tradicional ao vivo nas que o público participa de xeito moi activo bailando. Tras 8 anos de programación  nesta edición abrímonos á participación da xente pequena organizando por primeira vez o VENRESPIRIÑO.
 
(podedes consultar en internet: tempo de lecer ourense, na súa sección de danza)