martes, 22 de febrero de 2011

FESTA DE ENTROIDO 2.011



Por razóns organizativas para participar nesta actividade, é imprescindible que cumprimentedes a FICHA DE INSCRICIÓN  e a entreguedes na conserxería do centro antes do Mércores 2 de Marzo, podedes descargala pinchando aquí 

PERMISOS DE PUBLICACIÓN

Para que podamos colgar no blog unha selección de fotos dalgunha actividade na que aparezan imaxes de persoas necesitamos unha autorización previa. Por este motivo anexamos unha FOLLA DE AUTORIZACIÓN para que todos os que queran ver as súas fotos no blog podan facernos entrega da mesma debidamente cumplimentada e firmada na conxerxería do colexio.  

Deste xeito cada vez que teñamos algo digno de documentar gráficamente, non temos que estar seleccionando fotos onde non salga a xente ou na que as persoas saian de espaldas ;-)

Unha vez que teñamos os permisos, poderemos incluir novas fotos naquelas entradas onde a selección de fotografías estivo limitada pola falta de permisos de publicación das mesmas. 

Graciñas pola vosa colaboración.

jueves, 17 de febrero de 2011

APAÑAR COGUMELOS

NO MES DE NOVEMBRO...

El día de "San Martiño" hacía muchísimo frío, bocanadas de niebla salían de nuestras bocas mientras esperábamos en las Mercedes a todos los que habíamos decidido pasar juntos el Magosto recogiendo setas y disfrutando del aire libre.

Después de varias indicaciones, tod@s con mayor o menor dificultad conseguimos llegar hasta el lugar elegido, una hermosa carballeira en Montecelo,Concello de Nogueira de Ramuín, donde está la sede de la Xuntanza Micolóxica "Os Cogordos".

Tenemos que agradecer a la Asociación "Os Cogordos" y, sobre todo a Jose Luis Rico Simal y a su compañero lo bien que nos trataron, nos hicieron sentir como en casa... Como si formásemos también parte de la asociación. 

Nos dirigieron en una ruta fantástica entre carballos anaranjados por el otoño... caminando por mantos de hojas y oliendo a esa humedad que sólo las arboledas transmiten. Hacían que de la nada apareciesen diversidad de setas, algunas de colores; otras, blancas; la mayoría,  venenosas; aunque también, muchas, curativas... Todas hicieron nuestras delicias tanto para la vista como para el olfato...

El gusto llegó luego, con la preparación de todas las setas comestibles que recogimos, en un guiso con ese sabor a humedad y a naturaleza que sólo los frutos del otoño consiguen impregnar en los paladares. Sinceramente, un privilegio.

Los niños se lo pasaron muy bien, corriendo, jugando por esos caminos y esas carballeiras casi de cuento y los padres... pues, otro tanto, comimos, caminamos, respiramos el aire puro del campo y volvimos con el espíritu renovado... Así que sólo podemos decir... ¡¡¡Hay que repetir!!!. 

La próxima, en Primavera.... Pero mientras eso no llega... aquí os dejamos una selección de fotos para recordar...




miércoles, 16 de febrero de 2011

A PÍA DA CASCA

Dende hai uns anos as nais e os pais do CEIP “As Mercedes” escolleron como nome da súa asociación o de Pía da Casca o cal fai referencia histórica á grande pía que existía xusto diante do Colexio, no lugar que hoxe se coñece como praza de As Mercedes

O Campo da Pía da Casca, que era como sempre se chamou, estaba situado á beira da antiga muralla de Ourense e accedíase pola porta da Corredeira situada na actual rúa Santo Domingo máis ou menos á altura onde hoxe se atopa o edificio de  Facenda. Pero o acceso máis curto dendo o centro da cidade era vindo dende o Tendal da Figueira e saindo pola denominada Porta da Pía da Casca situada ao final do que é hoxe a rúa do Paxaro.
A Pía, unha vez chea de auga, servía para botar nela a casca  principalmente de castiñeiro para que desprendese a substancia chamada tanino.  Neste curtido vexetal sumerxíase o coiro conseguindo unha textura suave e de cor marrón debido á tinta do castiñeiro. Este proceso  duraba de 7 a 40 días dependendo da espesura do coiro
Quedaba así o tecido preparado para que os gremios de artesáns: zapateiros, encadernadores  e albardeiros entre outros  proseguisen o seu  traballo, algúns deles  na Fonte dos Coiros, hoxe Praza de San Marcial e outros na rúa da Paz.

Durante a  Idade Media o curtido de peles estaba considerada unha industria nociva e era relegada ás aforas das cidades, por iso a Pía da Casca estaba situada fóra da muralla debido aos cheiros que producía.

É de agradecer a recuperación deste nome vixente  e oficial durante séculos, que foi modificado radicalmente no ano 1850 por un concelleiro de orixe foránea a quen a nomenclatura da toponimia en galego resultáballe ridícula e contraria ao gusto e adiantos da época.

Carlos Domínguez.

martes, 1 de febrero de 2011