miércoles, 18 de mayo de 2011

CONVOCATORIA ASAMBLEA ORDINARIA DA ANPA PIA DA CASCA

O venres  20 de Maio na aula de música do CEIP As Mercedes ás 16:00 celebraremos a segunda asamblea ordinaria do curso 2010-2011 coa seguinte orde do día:

  1. Renovación dos membros da ANPA (Fixar data da asamblea extraordinaria)
  2. Ratificación do ANPA actual no Rexistro de Asociacions
  3. Actividades realizadas durante o curso
  4. Rogos e Preguntas

Desde a xunta directiva da ANPA animamosvos a asistir, a colaboración e as aportacións das nais e pais son imprescindibles para que a ANPA medre en proxectos.

Queremos aproveitar para recordarvos que a actual ANPA cumple o seu ciclo, e que nesta asamblea fixaremos a data da próxima asamblea extraordinaria para a renovación de cargos da Xunta directiva da ANPA.

Como xa sabedes é necesario que cando menos un grupo de pais e nais ou tutores legais do alumnado matriculado no centro se anime para asumir os cargos da xunta directiva.

"A educación dos nosos/as fillos/as interésanos"

A ANPA esta formada pola xunta directiva e polos/as socios/as, somos un grupo de pais e nais, que dentro das nosas posibilidades e desinteresadamente, queremos participar de forma activa na educación dos nosos fillos/as coa ilusión de traballar na defensa e mellora da calidade do ensino público.


Lembrarvos que da existencia e continuidade da ANPA dependen algúns servizos básicos e actividades do cole, tales como: servizo de comedor, acollida temperá, servizo de ludoteca, xestión das actividades extraescolares, ...., ademais a ANPA  colabora no festival de Nadal e Fin de curso, na organización de actividades de ocio e culturais (Meu cole abre en semana santa, festival de teatro na escola "Teatrola", excursións,..), aporta iniciativas ao cole e transmite as iquietudes dos pais e nais ó equipo directivo do centro e sirve de vínculo entre os pais e os seus representantes no Consello escolar coa intención de trasladar aquelas cuestións relevantes que xurdan ao longo do curso

Extracto da asamblea

viernes, 13 de mayo de 2011

II FESTIVAL DE TEATRO NA ESCOLA: "TEATROLA"



É para nós un motivo de orgullo e comprácenos gratamente organizar novamente o II Festival de teatro na escola, "TEATROLA".

Esta iniciativa pretende achegar á comunidade educativa á experiencia teatral, abarca o "tearo para nenas/os", tanto o teatro feito por adultos para público infantil, como o "teatro dos/as nenos/as" feito por eles e para eles.

 O TEATROLA vai decorrer na 2ª quincena do mes de Maio, durante dúas semanas os/as noso/as fillos/as  sen sair da escola e de forma gratuita poderán gozar de diversas representacións teatrais, contacontos e Obradoiros vinculados co teatro: Obradoiro de "Sombras chinesas" e Obradoiro de "Improvisación teatral".

Organizan:ANPA Pía da casca, Galicia Gutiérrez (Coordinadora dos grupos de teatro da escola.

Colaboran: CEIP As Mercedes, Residencia Xuvenil Florentino Cuevillas


Pincha no seguinte enlace para consultar a PROGRAMACION DO TEATROLA