10 Razóns para asociarse

     COMO ASOCIARSE
    Para formar parte da Asociacion de nais e pais  ANPA PIA DA CASCA do CEIP As Mercedes de Ourense, podes facelo do seguinte xeito:

1- Realizar o pago da cota familiar anual na conta da Asociación de NOVA CAIXA ( ), INDICANDO no CONCEPTO do recibo: SOCIO-nome completo do/os alumno/s que forman parte da unidade familiar. 
2.- Preencher  o impreso de solicitude de asociado (Facilitarse durente os primeiros dias de cada curso escolar)
3.-ENTREGAR NA CONSERXERIA DO CENTRO ou ENVÍAR por correo o RECIBO de pago de NOVACAIXA  XUNTO coa FOLLA DE SOLICITUDE DE ASOCIADO.

Tamén podes facer unha orde de pago periódica no teu banco ou caixa (DOMICILIACIÓN DO RECIBO), neste caso debrás entregarnos igualmente a folla de inscrición de asociado.

CURSO ESCOLAR 2011/2012:

 IMPORTE DA COTA ANUAL UNIDADE FAMILIAR : 15 €
        
    10 Razóns para formar parte da ANPA: 
  1. Porque é a nosa responsabilidade educar aos nosos fillos e fillas.
  2. Pola necesidade de estar unidos á hora de reivindicar aspectos que nos axuden a mellorar a escola pública.
  3. Porque un movemento de nais e pais agrupados fai que as iniciativas e peticións de éstos sexan vistos con maior respecto, polas Administracións públicas, polo profesorado, pola sociedade, ...
  4. Porque existe un marco legal onde se ampara o noso dereito a participar na vida do Centro Escolar.
  5. Pola importancia de “levar” aos Consellos Escolares a presencia dos pais e nais, organizados nas ANPAs, para defender os intereses de todos, non os individuais.
  6. Porque se os pais non somos capaces de motivarnos pola educación dos nosos fillos... por quén o faremos?
  7. Porque se os pais e nais non somos activos e participativos, ¿cómo esplicar aos nosos fillos e fillas que teñen que ser persoas implicadas nunha sociedade onde podan e deban expresarse, participar e corresponsabilizarse no seu propio futuro?
  8. Porque para realizar a formación activa dos pais e nais é necesario unir esforzos e ideas.
  9. Porque as ANPAs deben traballar pola integración no seu entorno, facendo uso das instalacións do Centro Educativo.
  10. Porque todos e todas somos necesarios/as para mellorar a calidade de vida para os nosos fillos e fillas. Participar é un dereito pero tamén é un deber social.