viernes, 6 de noviembre de 2015

EXCURSIÓN FAMILIAR COGUMELOS 2015

O MERCORES 11 DE NOVEMBRO a ANPA PIA DA CASCA organiza para os socios unha sesión de achegamento ó apasionante mundo dos cogumelos.
Compartiremos un día de campo entre todos, cunha saída ó monte a una fermosa carballeira no lugar de Montecelo (Concello de Nogueira de Ramuín) guiada por José Luís Rico Simal, membro da Xuntanza micolóxica “Os Cogordos”.
O finalizar a recollida, faremos entre todos un xantar e magosto ó aire libre (se ó tempo ó permite), senón,  disponse dun lugar a cuberto.
Iremos en coches particulares. A Saida será as 10:00 da maña da zona de aparcamento próxima o cole (entrada da residencia universitaria) e o regreso aproximado será ás 17:30.
Por tratarse dunha actividade ó aire libre é aconsellable levar roupa cómoda e abrigosa é calzado axeitado para camiñar polo monte asi como chuvasqueiros ou roupa de cambio para os nenos por si o tempo non acompaña. Como o espacio é limitado so se permitirá meter os carriños dos nenos mais cativos (bebes) que por a sua idade sexa imprescindible.

As familias se así o desexan, poden colaborar con aperitivos (tortillas, empanadas, empanadillas, croquetas etc.) ou postres.

No hay comentarios: