Servizos

ACOLLIDA TEMPERÁ:
Servicio de atención @s nen@s de Luns a Venres nas primeiras horas da mañá  (de 7:30 a 9:00 horas) antes do inicio da xornada lectiva.
O servicio de acollida temperá é un recurso necesario e complementario á escola para o tempo no que os pais e nais teñen que incorporarse ó traballo e @s nen@s deben ser atendidos por persoal cualificado, nun ambiente que lle resulte próximo.

LUDOTECA:
Servicio de atención @s nen@s de Luns a Venres durante as tardes (de 16:00h a 18:00h) ó remate da xornada lectiva, que nace como unha alternativa diaria ó outro tipo de actividades.


A Ludoteca é un recurso necesario e complementario á escola para o tempo de ocio infantil, onde os nen@s fan amigos, divírtense, aprenden, utilizan, respetan e comparten actividades, xoguetes e xogos, á vez que seguen afianzando os coñecementos que van adquirindo na escola.


Ambos servizos son promovidos e xestionados pola Anpa Pía da Casca coa finalidade de facilitar a conciliación do horario escolar d@s menores cos horarios laborais das súas familias, ofrecer un lugar coñecido, cálido e con persoal cualificado que atenda @s nen@s, proporcionándolle un ambiente relaxado, desenvolver a autonomía persoal d@s nen@s fomentando a súa capacidade de participación, fomentar valores de respeto, compañeirismo e estimular a colaboració entre @s usuari@s e favorecer a socialización no entorno do Centro.
 
COMEDOR:
Menús Mensuais:
Menú Febreiro de 2011 
Menú Marzo de 2011
Menú Abril de 2011
Menú Maio de 2011 
Menú Xuño de 2011


Normas para os usuario@s do comedor:
1. As datas para efectuar o pago serán os dous primeiros días hábiles de cada mes.
2. En ningún caso na cota mensual descontaránse os días que os usuari@s non fagan uso do comedor, debendo abonar a mensualidade completa. Con excepción do mes de setembro que se pagará a metade da cota. Así mesmo, cando unha baixa se produza antes de finalizar o mes, non se devolverá o correspondente ós días que falten para finalizar o mes. NOS MESES DE DECEMBRO, XANEIRO E XUÑO ABONARASE A COTA MENSUAL ÍNTEGRA.
3. A falta de asistencia ó comedor durante 5 días ó mes (continuados ou non) sen xustificar (causa médica ou similar) será motivo de perda do dereito de asistencia ó comedor escolar.
4. Cando un pai/nai saiba co seu fillo non vai asistir ó comedor, ten a obriga de avisar con 24 horas de antelación. No caso dun imprevisto, ten que comunicalo ás 9 da mañá do mesmo día que vai faltar.
5. O mal comportamento continuado do alumn@ será motivo de baixa.
6. A inscrición ó servizo de comedor escolar ten carácter anual. A baixa anticipada do servizo durante o curso escolar suporá a non reserva de praza para o curso seguinte, tendo que iniciar novamente o procedemento de solicitude de praza.