viernes, 13 de mayo de 2011

II FESTIVAL DE TEATRO NA ESCOLA: "TEATROLA"



É para nós un motivo de orgullo e comprácenos gratamente organizar novamente o II Festival de teatro na escola, "TEATROLA".

Esta iniciativa pretende achegar á comunidade educativa á experiencia teatral, abarca o "tearo para nenas/os", tanto o teatro feito por adultos para público infantil, como o "teatro dos/as nenos/as" feito por eles e para eles.

 O TEATROLA vai decorrer na 2ª quincena do mes de Maio, durante dúas semanas os/as noso/as fillos/as  sen sair da escola e de forma gratuita poderán gozar de diversas representacións teatrais, contacontos e Obradoiros vinculados co teatro: Obradoiro de "Sombras chinesas" e Obradoiro de "Improvisación teatral".

Organizan:ANPA Pía da casca, Galicia Gutiérrez (Coordinadora dos grupos de teatro da escola.

Colaboran: CEIP As Mercedes, Residencia Xuvenil Florentino Cuevillas


Pincha no seguinte enlace para consultar a PROGRAMACION DO TEATROLA

2 comentarios:

Carme Miguez Novoa dijo...

Rematou o TEATROLA, creo que os/as nosos/as peques o disfrutaron. Darlle as grazas a Gali polo seu bon facer e polo esforzo persoal con esta actividade, a verdade, é un orgullo contar no noso cole cunha gran canteira de peques artistas.
As súas representacións amosan un gran traballo previo e o resultado foi escelente. Parabéns para todos/as artistas!!!!

Carme Miguez Novoa dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.